Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


xoves, 7 de maio de 2020

AS AVES

Ola chicos!

Como pronto se celebrará o Día das Letras Galegas, será o 17 de maio, faremos unhas actividades relacionadas cunha historia do autor ao que dedicamos este día, RICARDO CARVALHO CALERO.
Esta obra é "As pitas baixo a choiva".

Agora traballaremos sobre as AVES, e concretamente sobre as galiñas, galos, pitas e pitos.

Vexamos dous vídeos moi interesantes sobre as aves.






Agora facede esta sopa de letras sobre as aves. Prestade atención porque está en castelán!


Seguro que fixéchedes o xogo moi ben!

Neste momento prestaremos atención ás galiñas, galos, pitas e pitos e veremos os seguintes vídeos.