Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


xoves, 18 de xuño de 2020

ATA O PRÓXIMO CURSO!

Para rematar este curso déixovos un pequeno vídeo recordando a última actividade que estabamos a facer cando chegou o confinamento.

Pronto poderemos volver a facer actividades tan divertidas como esta!



E agora unha canción moi chula que fala sobre a importancia de coidar o medio ambiente, algo sobre o que estivemos traballando nas clases de ciencias.

A canción titúlase ECOLOXISTA e canta Pablo Díaz.








luns, 15 de xuño de 2020

XOGAMOS COAS PALABRAS!

Nestes xogos traballaredes con palabras que utilizamos durante este curso nas áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais.

Animádevos a xogar!



FIXÉCHEDELO BEN?

SEGURO QUE SI!


O seguinte xogo é un pouquiño máis complicado, pero pronto pasaredes a 2º curso e podedes intentar facelo.

Cando premades no monstro aparecerán 3 xogos. Nos 3 xogaredes tamén con palabras relacionadas coas ciencias, que vimos neste curso.

As palabras que atoparedes son as seguintes:

SOL, RÚA, HORTO, BRÓCOLI, PLANETA, VEXETAL, MERCURIO, GALAXIA, SATÉLITE.



QUE TAL VOS FOI NO XOGO?  

SEGURO QUE MOI BEN!


xoves, 11 de xuño de 2020

UN DEBUXO FANTÁSTICO!

Como nos últimos días estivemos traballando co tema de "A familia", Yago Valcarcel atrévese a debuxar á familia Simpson.

O debuxo está xenial. A que non parece que o fixo un neno de 1º?


Moi ben Yago! Segue traballando así!