Nos seguintes vídeos podemos ver á Píllara das dunas.
xoves, 29 de outubro de 2020
domingo, 25 de outubro de 2020
INVESTIGAMOS SOBRE A GAIVOTA PATIAMARELA
Seguimos traballando no proxecto do centro deste curso, "12 Marabillas de Galicia", e agora tócanos aprender moitas cousas sobre unha das aves que vive en varias illas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
Despois de resolver o último enigma que xurdiu na clase de ciencias atopámonos cunha nova amiga, que estaba agochada no enorme acibro que temos no colexio, a GAIVOTA PATIAMARELA.
SEGUE O MISTERIO!
Este curso están ocorrendo cousas moi estrañas na clase de Ciencias.
Esta semana apareceron pinchadas na corcheira diferentes cousas que non sabiamos para que servían:
- unha foto dunha gaivota patiamarela no mesmo lugar no que Antía e Fiz, os nosos novos amigos, atoparon o cofre antigo.
- un papel pechado que poñía Instrucións.
- 6 sobres numerados.
domingo, 18 de outubro de 2020
UN VERDADEIRO MISTERIO!
O venres pasado, durante a clase de Ciencias, Carmen trouxo diferentes cousas que acababan de chegar ao colexio para ser entregadas urxentemente aos alumnos de 2º curso de primaria.
Había un sobre cunha carta escrita por dous amigos chamados Antia e Fiz. Gonzalo leu a carta e todos escoitamos atentamente.
Somos Antía e Fiz, dous amigos que esta
fin de semana pasada fomos pasar o domingo ás Illas Cíes.
Cando camiñabamos entre as rochas
descubrimos, agochado nun buraco, un pequeno cofre antigo.
Con moito coidado baixámolo ata a praia
de Rodas e decidimos abrilo. Non nos costou moito traballo porque a pechadura
estaba moi vella.
Dentro había un pergamiño, unha bandeira
pirata e outra bandeira dun país que non sabemos cal é.
Abrimos o pergamiño para lelo e só había
unha mensaxe moi inquietante: “NECESITAMOS A VOSA AXUDA!!!”.
Non entendemos esa mensaxe e non sabemos
que facer coas bandeiras.
Podedes axudarnos, por favor?
Unha aperta de Antía e de Fiz.
venres, 9 de outubro de 2020
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
Durante este curso, e dentro do proyecto "12 MARABILLAS DE GALICIA", o alumnado de 2º curso de primaria investigará o "PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS".
Na clase vimos diferentes fotografías e os nenos mostráronse entusiasmados coas paisaxes polo que teñen moitísimas ganas de empezar a sua investigación.
Daremos un pequeno paseo polas diferentes illas a través destes vídeos.
Parque Nacional das Illas Atlánticas
Illas Cíes