Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


luns, 22 de marzo de 2021

CHEGOU A PRIMAVERA!

 

A primavera chegou o sábado 20 de marzo ás 10.37 horas e durará 92 días e 18 horas, ata rematar o 21 de xuño, momento no que comezará o verán.

No momento no que entra a primavera o día e a noite teñen a mesma duración, é o que chamamos EQUINOCCIO DE PRIMAVERA.

Durante a primavera os días teñen máis horas de luz que de escuridade.

Co seguinte vídeo repasemos como se producen as estacións do ano.


luns, 8 de marzo de 2021

A FUNCIÓN DE NUTRICIÓN. O APARELLO DIXESTIVO

A función de NUTRICIÓN é fundamental para a supervivencia dos seres vivos.

A NUTRICIÓN consiste en obter enerxía e diferentes materiais dos alimentos que tomamos, para que podamos crecer e desenvolvernos durante a nosa vida.

A función de NUTRICIÓN comeza no APARELLO DIXESTIVO.

Vexamos os seguintes vídeos porque son moi interesantes.




Pero que cousas máis raras pasan dentro do noso corpo!

XOGAMOS!

Imos xogar un pouqiño coas partes do corpo humano.

Fixádevos ben na ficha informativa e a continuación facede o xogo.




xoves, 4 de marzo de 2021

O CORPO HUMANO

Durante este trimestre estudaremos o CORPO HUMANO.

Unha vez máis o noso amigo Camaleón explicaranos moitas cousas sobre o funcionamento do noso CORPO.

No seguinte vídeo temos máis información

O PROXECTO CHEGOU AO SEU FIN!

O proxecto deste curso consistiu na investigación sobre unha MARABILLA DE GALICIA.

Nós, encargámonos de investigar sobre o PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Durante o noso estudo das illas elaboramos unha GUÍA DE FAUNA E FLORA do Parque que quedou moi chula.

Déixovos aquí unas fotografías que mostran parte do voso traballo.