Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


luns, 21 de marzo de 2022

XA ESTÁ AQUÍ A PRIMAVERA!



Onte, domingo 20 de marzo ás  16.33 horas, entrou a primavera que durará ata o 21 de xuño, día no que chegará o verán.

domingo, 20 de marzo de 2022

ACCIDENTE NO ESPAZO!

O mércores desta semana apareceu na "caixa dos monstros" unha foto de todos a bordo dun platillo volante.



Non sabiamos que era o que querían facer pero como estes días estamos investigando sobre o DÍA e a NOITE ao mellor aos monstros lles entrou curiosidade por viaxar ao espazo. Pode ser!

Seguimos traballando na clase de Ciencias cando chegou Carmen cun periódico para nós. Era O PERIÓDICO DO SISTEMA SOLAR, e traía unha noticia de última hora.



Que susto levamos! Menos mal que tanto os monstros como Pepiño estaban ben!

Despois de falar do suceso chegamos á conclusión de que os monstros non coñecían as normas de circulación no espazo e decidimos axudalos a aprendelas, pero para iso o mellor será que repasemos primeiro as normas de circulación aquí, no planeta Terra.

Aprenderemos EDUCACIÓN VIAL!

domingo, 13 de marzo de 2022

UN NOVO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN!

O mércores apareceu na clase de 1º un novo proxecto de investigación.

Na corcheira na que está a interrogación había un papel enrolado cun lazo e un globo terraqueo ao seu carón. 

Que significaría aquilo?


Todos empezamos a emitir hipóteses do que poderiamos ter que investigar! Encántanos imaxinar cousas!

Cando chegou Merce abrimos o papel e vimos que era un debuxo dunha casa no que aparecía a metade iluminada e a outra metade a escuras.






Cando vimos o debuxo xa o tivemos claro. Tiñamos que investigar sobre o DÍA e a NOITE.

O noso proxecto de investigación sería "...E POR QUE SE FAI DE DÍA E DE NOITE?"


Todos aportamos as nosas ideas e fumos escribindo na pizarra palabras que diciamos e que parecían moi importantes.

TERRA    PLANETA    SOL   SISTEMA SOLAR    ESTRELAS    DÍA    NOITE...

Merce dixo que iamos por moi bo camiño e que sabiamos moitas cousas sobre este tema.

O noso amigo Camaleón trouxonos un vídeo moi interesante que vimos con gran interese.


 
A continuación vimos outro vídeo que complementaba a información.


Xa estamos preparados para avanzar na nosa investigación facendo diferentes actividades durante as clases de Ciencias.

Ah! e alguén misterioso quixo que souperamos donde está CUCURULANDIA, o planeta no que viven os nosos amigos Pepiño e Sargantana, facendo aparecer na casa de Carlota unhas fotos de Pepiño viaxando en foguete entre a Terra e o seu planeta, e despois deixando unha fotografía na nosa clase.

Que cousa tan estraña! Seguiremos investigando!




xoves, 10 de marzo de 2022

CULTIVAMOS LENTELLAS!

Nas últimas semanas estivemos aprendendo moitas cousas sobre o REINO VEXETAL e decidimos poñer en práctica todo o que sabemos para facer unha pequena plantación de legumes, concretamente de lentellas.

Rexistramos como foi este proceso nun cadernillo con instrucións.

Cada dous días controlamos como crece a nosa planta e regámola.

A verdade é que están moi grandes, algunhas xigantes!



















 E PASADO O TEMPO!