Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


domingo, 20 de marzo de 2022

ACCIDENTE NO ESPAZO!

O mércores desta semana apareceu na "caixa dos monstros" unha foto de todos a bordo dun platillo volante.



Non sabiamos que era o que querían facer pero como estes días estamos investigando sobre o DÍA e a NOITE ao mellor aos monstros lles entrou curiosidade por viaxar ao espazo. Pode ser!

Seguimos traballando na clase de Ciencias cando chegou Carmen cun periódico para nós. Era O PERIÓDICO DO SISTEMA SOLAR, e traía unha noticia de última hora.



Que susto levamos! Menos mal que tanto os monstros como Pepiño estaban ben!

Despois de falar do suceso chegamos á conclusión de que os monstros non coñecían as normas de circulación no espazo e decidimos axudalos a aprendelas, pero para iso o mellor será que repasemos primeiro as normas de circulación aquí, no planeta Terra.

Aprenderemos EDUCACIÓN VIAL!

Ningún comentario:

Publicar un comentario