Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


martes, 28 de abril de 2020

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Neste trimestre repasaremos o que estudiamos sobre a alimentación.

Déixovos uns vídeos que nos falan da importancia de ter unha alimentación saudable e de facer exercicio físico.








Lembrade que as froitas son imprescindibles para poder ter unha alimentación saudable.

Déixovos unha sopa de letras para que xoguedes un pouquiño.

Prestade atención porque este xogo está en castelán!



Agora un par de xogos de facer parellas de hortalizas e de froitas.

PARELLAS DE HORTALIZAS




PARELLAS DE FROITAS


Con estes xogos coloca cada alimento no lugar axeitado e fai un menú saudable.




mércores, 22 de abril de 2020

DÍA DA TERRA

Hoxe, día 22 de abril, celébrase en todo o mundo o "Día da Terra".

Con esta celebración preténdese que todos poñamos a nosa atención nos problemas que ten o planeta debido á gran contaminación provocada polos seres humanos.

Este ano non poderemos celebralo xuntos porque estamos confinados, pero si podemos facer na casa esas pequenas cousas que estudiamos e que serven para coidar o planeta, xa sabedes, RECICLAR, NON MALGASTAR AUGA NIN ENERXÍA, NON TIRAR COMIDA e moitas outras que se vos ocurrirán.

En GOOGLE hai un xogo moi divertido para celebrar este día.

Animádevos a xogar!



martes, 14 de abril de 2020

COÑECEDES A ALGUÉN?

Ola chicos!

Rematadas as vacacións de Semana Santa déixovos aquí un pequeno repaso, a través de fotografías, dalgunhas actividades que fixemos durante os dous primeiros trimestres do curso.

Espero que vos divirtades!


O MUNDO DAS PLANTAS

Un chamamento ao equipo de pequenos científicos de 1º!!!

Repasade os vídeos que puxen anteriormente sobre as plantas e contestade ás preguntas e facede os xogos.