Hoxe, día 22 de abril, celébrase en todo o mundo o "Día da Terra".
Con esta celebración preténdese que todos poñamos a nosa atención nos problemas que ten o planeta debido á gran contaminación provocada polos seres humanos.
Este ano non poderemos celebralo xuntos porque estamos confinados, pero si podemos facer na casa esas pequenas cousas que estudiamos e que serven para coidar o planeta, xa sabedes, RECICLAR, NON MALGASTAR AUGA NIN ENERXÍA, NON TIRAR COMIDA e moitas outras que se vos ocurrirán.
En GOOGLE hai un xogo moi divertido para celebrar este día.
Animádevos a xogar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario