Na clase de 1º estamos metidos de cheo na investigación que nos levará a contestar a tan importante pregunta.
Os nenos expuxeron as súas ideas e debatimos sobre o que plantexaron durante a clase. A verdade é que sabían moitas cousas que nos axudarán a contestala.
Empezamos debuxando as cacas de diferentes seres vivos e os debuxos sairon moi graciosos.
Logo contestamos a unhas preguntas, entre todos.
Despois de escribir as respostas vimos na pantalla unha aplicación moi interesante que explicaba como funciona o APARELLO DIXESTIVO.
Imos ver con detalle as cousas que pasan dentro do noso ESTÓMAGO, incluindo como se producen os eructos.