Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


xoves, 24 de decembro de 2020

BO NADAL!

 Ola chicos!

Xa rematamos o 1º trimestre e teño que dicirvos que estou moi contenta porque todos traballáchedes moitííííísimo.

Agora chegan uns días de descanso para repoñer enerxías de cara ao 2º trimestre.

Xogade moito!

Camaleón e eu desexámosvos BO NADAL!


domingo, 20 de decembro de 2020

CHEGA O INVERNO!

 Hoxe, luns 21 de decembro, ás 11.02 horas entra o INVERNO.

Cos seguintes vídeos imos repasar como se producen as diferentes estacións do ano.




Este ano prodúcese un fenómeno que non ocorría desde fai 800 anos e consiste en que dous planetas van a estar un xunto a o outro. Os planetas son Xupiter e Saturno.

 

O Sr. Xelatina verde estará contento!

Agora toca abrigarse!

luns, 14 de decembro de 2020

INVESTIGAMOS SOBRE O CORVO MARIÑO CRISTADO

Despois de recibir na clase un billete para viaxar das Illas Cíes, onde estabamos coñecendo a flora e a fauna, ata a Illa de Ons, embarcamos no flamante submarino amarelo.

Unha vez chegados ao peirao da Illa de Ons recibíronnos uns fermosos CORVOS MARIÑOS CRISTADOS.

Investigaremos a esta ave e tamén queremos que estea na nosa GUÍA DA FLORA E FAUNA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.







O CORVO MARIÑO CRISTADO É MOI GRACIOSO! VERDADE?

UN SOBRE MISTERIOSO!

Hoxe, cando estabamos na clase de Ciencias, Carmen tróuxonos uns sobres cos nosos nomes.

Cando os abrimos atopamos dentro un billete para viaxar en submarino desde as Illas Cíes ata a Illa de Ons.

Hoxe era o día! polo que pechamos moi forte os ollos e xogando coa nosa imaxinación viaxamos nun submarino amarelo ata a Illa de Ons. 

Cando chegamos recibíronnos unhas fermosas aves.

Debemos investigalas!

 


sábado, 12 de decembro de 2020

INVESTIGAMOS SOBRE O TOXO COSTEIRO

Na clase de Ciencias seguimos investigando a flora e a fauna das Illas Cíes.

Despois de estudar tres especies do Reino Animal (GAIVOTA PATIAMARELA, PÍLLARA DAS DUNAS E LAGARTO ARNAL) agora tócalle o turno a unha especie do Reino Vexetal.

Aprenderemos moitas cousas sobre o TOXO COSTEIRO.

Ahhh! e tamén formará parte da nosa GUÍA DA FLORA E FAUNA DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.







QUE COR TAN BONITA!