Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


martes, 30 de maio de 2023

EXPOSICIÓN "VIAXANDO POLO MUNDO"

A semana pasada visitamos a exposición "Viaxando polo mundo", que está situada na entrada do colexio.

Todas as clases presentaron o seu proxecto e con este traballo puidemos viaxar a diferentes paises do planeta.

Foi unha experiencia fantástica!






Nós, presentamos a nosa investigación nun MUSEO VIRTUAL DE GROENLANDIA.

Preparamos os carteis para o museo e fixemos as nosas acreditacións como GUÍAS DO MUSEO.










E así de bonita quedou a nosa exposición!







Foi xenial coñecer a Uki e a Kanut e viaxar con eles ao seu país!!!


martes, 16 de maio de 2023

VISITADE O MUSEO VIRTUAL DE GROENLANDIA!



Durante este curso tivemos unha misión moi importante!

Dous esquimós, chamados Uki e Kanut, pedíronnos axuda para tratar de evitar que o seu país, Groenlandia, desaparecera.

Fixemos unha gran investigación sobre a vida en Groenlandia e dimos coa clave para poder axudar aos nosos novos amigos.

Como conclusión temos varios CONSELLOS para todos os habitantes do planeta Terra, xa que isto ten que ser un traballo de todos.

Entrade no MUSEO DE GROENLANDIA para coñecer a nosa investigación.


Os guías do MUSEO DE GROENLANDIA somos:



























luns, 15 de maio de 2023

O NOSO HORTO SEGUE CRECENDO!

Levamos todo o curso traballando no horto e neste trimestre tocou plantar froitas, verduras e hortalizas de tempada.

Carmen díxonos os nomes das plantas e nós fixemos unhas etiquetas moi bonitas que colocaremos no horto para que todos os nenos do cole saiban como se chaman.




















Así de bonitas quedan no noso horto.