Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


martes, 30 de maio de 2023

EXPOSICIÓN "VIAXANDO POLO MUNDO"

A semana pasada visitamos a exposición "Viaxando polo mundo", que está situada na entrada do colexio.

Todas as clases presentaron o seu proxecto e con este traballo puidemos viaxar a diferentes paises do planeta.

Foi unha experiencia fantástica!






Nós, presentamos a nosa investigación nun MUSEO VIRTUAL DE GROENLANDIA.

Preparamos os carteis para o museo e fixemos as nosas acreditacións como GUÍAS DO MUSEO.










E así de bonita quedou a nosa exposición!







Foi xenial coñecer a Uki e a Kanut e viaxar con eles ao seu país!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario