Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


xoves, 24 de xuño de 2021

BO VERÁN!

Ola "Pequenos científicos"!

Xa rematamos este curso tan estraño e con tantas dificultades, pero que non impediron que puideramos adentrarnos no mundo da ciencia.

Divertínme moito con vós e con todos os amigos que pasaron pola clase de Ciencias.

Desexo que teñades unhas boas vacacións e que veñades o próximo curso coas pilas recargadas.

Déixovos o vídeo resumo do proxecto deste curso e a ver se vos animades a visitar algunha das illas durante este verán. 

Xa me contaredes!

Un bico moi grande. Merce





luns, 14 de xuño de 2021

OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Os MEDIOS DE COMUNICACIÓN son mecanismos ou ferramentas a través dos cales se transmite unha información de forma individual ou de forma colectiva.



Agora que Xelatina Verde vai ser veciño de Vilalonga deberiamos comunicar aos habitantes do concello que un xupiteriano vivirá entre nós.

Que medio ou medios de comunicación poderiamos utilizar para que os veciños de Vilalonga coñezan ao noso amigo?



domingo, 13 de xuño de 2021

XELATINA VERDE PRESENTA A SÚA SOLICITUDE!

Agora que xa está constituido o EQUIPO DE GOBERNO, a Alcaldesa e o Alcalde deberon constestar a SOLICITUDE de Xelatina Verde para vivir en Vilalonga.



O EQUIPO DE GOBERNO comezou a traballar para recibir á Xelatina Verde como se merece.



A Alcaldesa, o Alcalde e os Concelleiros tiveron fantásticas ideas para facer sentir a Xelatina Verde coma se estivese na súa propia casa.

FELICIDADES CHICOS!  MOI BO TRABALLO!









Depois de elaborar os seus proxectos, os CONCELLEIROS presentáronos persoalmente.

CONCELLEIROS DE ECONOMIA


CONCELLEIROS DE MEDIO AMBIENTE


CONCELLEIROS DE DEPORTES


CONCELLEIROS DE SEGURIDADE CIDADÁ


CONCELLEIROS DE EDUCACIÓN E CULTURA


CONCELLEIROS DE IGUALDADE


CONCELLEIROS DE OBRAS E VIVENDA


Por último a Alcaldesa e o Alcalde déronlle a benvida oficialmente a Xelatina Verde.





venres, 4 de xuño de 2021

XELATINA VERDE QUERE VIVIR EN VILALONGA!

O luns levamos unha gran sorpresa cando soubemos que o noso amigo Xelatina Verde quería quedarse a vivir en Vilalonga.

Xa sabemos que ten que facer unha SOLICITUDE no CONCELLO, que debe aceptar a súa petición.

Como o concello quédanos un pouco lonxe e non podemos acompañar a Xelatina Verde ata Sanxenxo por culpa da COVID imos formar un CONCELLO na clase para axudar ao noso xupiteriano favorito a quedarse a vivir con nós.

O primeiro será elixir unha ALCALDESA e un ALCALDE.

 FAREMOS UNHAS ELECCIÓNS! 


O primeiro paso foi a presentación de candidaturas.





Os candidatos e candidatas presentaron as súas propostas aos seus compañeiros.

Por último realizamos a votación para elección de Alcaldesa e Alcalde.
 


Os elixidos foron:




e







NORABOA!


Por último formamos o EQUIPO DE GOBERNO.










Agora xa podemos contestar á solicitude de Xelatina Verde!

QUÉ PASARÁ?

PODERÁ VIVIR EN VILALONGA?

PRONTO O SABEREMOS!