Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


venres, 4 de xuño de 2021

XELATINA VERDE QUERE VIVIR EN VILALONGA!

O luns levamos unha gran sorpresa cando soubemos que o noso amigo Xelatina Verde quería quedarse a vivir en Vilalonga.

Xa sabemos que ten que facer unha SOLICITUDE no CONCELLO, que debe aceptar a súa petición.

Como o concello quédanos un pouco lonxe e non podemos acompañar a Xelatina Verde ata Sanxenxo por culpa da COVID imos formar un CONCELLO na clase para axudar ao noso xupiteriano favorito a quedarse a vivir con nós.

O primeiro será elixir unha ALCALDESA e un ALCALDE.

 FAREMOS UNHAS ELECCIÓNS! 


O primeiro paso foi a presentación de candidaturas.





Os candidatos e candidatas presentaron as súas propostas aos seus compañeiros.

Por último realizamos a votación para elección de Alcaldesa e Alcalde.
 


Os elixidos foron:




e







NORABOA!


Por último formamos o EQUIPO DE GOBERNO.










Agora xa podemos contestar á solicitude de Xelatina Verde!

QUÉ PASARÁ?

PODERÁ VIVIR EN VILALONGA?

PRONTO O SABEREMOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario