Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


domingo, 30 de maio de 2021

UN TORNADO EN VILALONGA!


Cando chegamos a clase o luns estabamos preparados para poñer en práctica as nosas hipóteses co fin de liberar o platillo volante de Xelatina Verde, pero de repente entrou Carmen na clase cun sobre para nós, que poñía "URXENTE".


Yanira foi a encargada de abrir o sobre, e alí había unha carta de Xelatina Verde que contábanos o que pasara pola noite.




Os nosos plans acababan de cambiar!

Xelatina Verde xa non estaba no campo de fútbol, tiñámolo preto de nós!

Saimos ao patio con moitas gañas de atopalo, e alí estaba, entre as plantas da xardineira. Con moito coidado collémolo e levámolo para clase. 



Xelatina Verde contounos que na noite do domingo un gran tornado levantárao polo aire e deixárao no colexio.

A verdade é que pasou un pouco de medo cando xiraba dentro do tornado, pero ao final todo rematou ben.

Estabamos moi contentos de que Xelatina Verde viñera de visita e así llo fixemos saber, pero levamos unha gran sorpresa cando nos dixo que non viña de visita senón que quería quedarse a vivir en Vilalonga.

Parecéunos moi boa idea, pero Merce díxonos que primeiro debería facer unha solicitude no Concello para poder vivir con nós, xa que non podía aparecer pola rúa un xupiteriano así porque si.

AXUDARÉMOSLLE A PRESENTAR A SOLICITUDE NA ALCALDÍA!

ESPEREMOS QUE ACEPTEN QUE VIVA EN VILALONGA!




Ningún comentario:

Publicar un comentario