domingo, 30 de maio de 2021
UN TORNADO EN VILALONGA!
martes, 25 de maio de 2021
AS NOSAS HIPÓTESES
luns, 24 de maio de 2021
DÍA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS
Hoxe, 24 de maio, é o “DÍA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS”.
Con esta celebración preténdese que todos os cidadáns coñezamos e coidemos estes espazos naturais, que forman parte do noso entorno.
Nós, este curso, investigamos o “PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS” e tivemos a oportunidade de achegarnos a diferentes especies de animais e plantas.
FOI MOI INTERESANTE!
No seguinte vídeo vemos imaxes de diferentes Parques, entre eles o "PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS".
RECOÑECÉDELO?
xoves, 13 de maio de 2021
AS MÁQUINAS
Para axudar a liberar o platillo volante de Xelatina Verde podemos utilizar algunha MÁQUINA.
PERO CAL SERÁ A MÁIS AXEITADA?
O seguinte vídeo pode darnos información interesante.
luns, 10 de maio de 2021
AS FORZAS
A CARTA DE XELATINA VERDE
Por fin chegou o luns, xa que estamos ansiosos por prestar a nosa axuda a Xelatina Verde.
Mentres falabamos sobre o que podiamos facer, Carmen tróuxonos unha carta dirixida aos nenos e nenas de 2º.
Abrímola e vimos que era do noso amigo. Nela explicábanos o que lle pasara.
AGORA XA TEMOS MÁIS INFORMACIÓN!
AS NOSAS HIPÓTESES PODERÁN SER MÁIS ACERTADAS!
CABEZAS A PENSAR!
domingo, 9 de maio de 2021
XELATINA VERDE ESTÁ EN PERIGO!
O xoves pasado cando estabamos expoñendo, por grupos, as nosas conclusións sobre os Aparellos dixestivo e respiratorio algúen botou un papel doblado por debaixo da porta da nosa clase.
Abrímolo e quedamos moi preocupados co que vimos 😕😕😕
Era Xelatina verde, o noso amigo xupiteriano que coñecemos o curso pasado mentres estudiabamos o Sistema Solar, e pedía "SOCORRO" .
Non tiñamos máis información e rapidamente empezamos a emitir hipóteses sobre o que lle podía ocorrer.
A verdade é que xurdiron moitas ideas, e nesas andabamos cando tocou o timbre para marchar a casa.
Como alguén dixera que podía ser que Xelatina Verde tal vez tivera un accidente co seu platillo volante no colexio ao sair miramos por todas partes pero alí non había nin rastro do noso amigo.
Démonos conta que ese día non podiamos facer nada máis, teriamos que esperar ao luns.
domingo, 2 de maio de 2021
O APARELLO RESPIRATORIO
Despois de investigar moito sobre o funcionamento do APARELLO RESPIRATORIO convertémonos en verdadeiros expertos.
Fixemos moitas actividades e rematamos cunha maqueta feita con plastilina do noso aparello respiratorio.
QUEDARON CHULÍSIMAS!