Cando estabamos falando sobre como axudar a Xelatina Verde, Merce escoitou un ruido fora da clase.
Abrimos a porta e saimos con moito coidado ao pasillo. Non vimos nada sospeitoso, pero achegámonos ata as escaleiras por se alguén estaba agachado, pero non había ninguén.
Voltamos a clase e vimos que na ventá había un platillo de papel con Xelatina Verde dentro.
Collémolo e desfixémolo con moito coidado porque parecía haber algunha pista.
E efectivamente, alí estaba a foto de Xelatina Verde dentro do seu platillo atrapado no campo de futbol de Vilalonga, xunto á alameda.
Agora xa sabemos a donde temos que ir para axudalo.
O platillo volante está moi enterrado no céspede e resulta moi complicado liberalo.
Para poder axudar a Xelatina Verde os seguintes vídeos poden darnos algunhas ideas de como facer para desenterralo.
Agora pensaremos entre todos como podemos actuar, xa que somos PEQUENOS CIENTÍFICOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario