Por que sería?
Empezamos a falar sobre o que lle pasaría e rapidamente sairon moitas ideas, que estaban relacionadas coa contaminación que os humanos provocamos sobre o noso planeta.
Aprenderemos a coidalo!
Por que sería?
Empezamos a falar sobre o que lle pasaría e rapidamente sairon moitas ideas, que estaban relacionadas coa contaminación que os humanos provocamos sobre o noso planeta.
Aprenderemos a coidalo!
Hoxe, na clase de Ciencias, tivemos unha visita moi especial.
Carmen estivo acompañada da súa nai e do seu pai e trouxeron moitos peixes diferentes para que todos puidésemos ver de cerca as súas características.
Contáronnos moitas cousas sobre estes habitantes dos nosos mares e ata tivemos oportunidade de tocalos.
FOI MOI DIVERTIDO E INTERESANTÍSIMO!
GRAZAS CARMEN!
Durante as últimas semanas estivemos aprendendo moitas cousas sobre os peixes das rías galegas.
Tamén coñecemos as profesións relacionadas cos traballos no mar.
Como remate da nosa investigación fixemos unha visita moi interesante á Lonxa de Portonovo, onde ata fixemos unha poxa.
Imos repasar os nomes de peixes e mariscos, moi saudables, que podemos atopar nos mercados da nosa zona, habitualmente.
Tedes que facer parellas de peixes o mariscos.
Todos coñecemos a alguén ou temos algún familiar que ten una PROFESIÓN relacionada co traballo no mar.
O consumo de PEIXE é moi importante para ter unha DIETA SAUDABLE. Debemos comer peixe varias veces á semana para crecer fortes e sans.
Vexamos o seguinte vídeo que nos fala deste habitante dos nosos mares.
Despois do accidente do platillo volante dos monstros co foguete de Pepiño, decidimos aprender Educación Vial no planeta Terra.
Aprendemos moitas cousas importantes para movernos pola rúa con seguridade, tanto cando somos peóns como cando circulamos en bicicleta.
O seguinte traballo foi diseñar sinais para o espazo, que eviten os accidentes entre foguetes, platillos volantes e calquera outro medio de transporte que poda circular polo noso ceo.
O accidente que tiveron o platillo dos monstros e o foguete de Pepiño o outro día, fíxonos pensar o importante que é saber EDUCACIÓN VIAL.
A maioría das veces somos PEÓNS, pero cando imos en bicicleta temos que coñecer algunhas sinais de tráfico para non cometer ningunha infracción.
Os seguintes vídeos móstrannos información moi interesante.
Despois das nosas investigacións xa temos claro cal e o motivo de que existan o DÍA e a NOITE.
O responsable é o movemento de ROTACIÓN da TERRA.
O mércores desta semana apareceu na "caixa dos monstros" unha foto de todos a bordo dun platillo volante.