Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


martes, 21 de marzo de 2023

CHEGOU A PRIMAVERA!

O luns 20 de marzo ás 22:24 horas entrou a primavera, que durará ata o 21 de xuño, data na que chegará o verán.


sábado, 11 de marzo de 2023

FACEMOS "COPOS DE NEVE ESPECIAIS"

Na nosa investigación sobre Groenlandia fixemos "COPOS DE NEVE ESPECIAIS".

Sabedes como se fan?   ...non?  Pois prestade moita atención.

Un día chegamos a clase e vimos que a caixa dos monstros tiña un papel enrolado.




Desenrolámolo e vimos que eran os nosos monstros baixo unha gran nevarada. Pareceunos que iso era a primeira pista.




A continuación abrímola caixa e non podiamos crer o que había dentro. Era a segunda pista.


Eran unhas bolsas de millo! 

Non precisamos máis pistas porque nese momento adiviñamos como ían ser os "COPOS DE NEVE ESPECIAIS".

FLOCOS DE MILLO!!! 

Serían flocos de millo SAUDABLES porque o millo é un cereal e non lle botaremos moito sal.

Aprendemos a receita, fixémola e logo escribímola para que a podamos facer na casa.


Pesamos 70 gramos de millo nunha báscula.


Logo botámolos nunha cunca grande.


Despois engadimos 1 cullerada de auga.


Logo remexemos o millo coa auga.


A continuación puxémoslle un pouco de sal.


Coa culler remexemos todo.


Despois iamos tapar a cunca cunha tapa de microondas pero non entraba e entón substituímola por papel film especial para microondas.

Ao papel tivemos que facerlle uns pequenos buratos.


A continuación metemos a cunca no microondas e tivémola cinco minutos.


E para rematar, todos a comer.

BO PROVEITO!

Todos os equipos fixemos "copos de neve especiais" que compartimos cos compañeiros.






ESTES COPOS DE NEVE ESTABAN DELICIOSOS!