Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


luns, 30 de novembro de 2020

CLASIFICACIÓN DAS PLANTAS

As plantas son seres vivos que forman o REINO VEXETAL.

Volve visitarnos o noso amigo Camaleón para falarnos sobre as plantas.

Unha forma de clasificalas é segundo o seu tamaño. Vexamos atentamente o seguinte esquema.

E agora tócalle o turno a Camaleón.   


QUE INTERESANTE!

domingo, 29 de novembro de 2020

UN NOVO MISTERIO!

A semana pasada enfrontámonos a un novo misterio.

Cando chegamos do recreo, na pizarra da clase habia algo moi estraño, era o que parecía a silueta dun lagarto e uns papeis con números, que parecían ter algún tipo de informacion sobre ???


A todos pareceunos que aquilo tiña algo que ver coa clase de Ciencias polo que decidimos esperar a que chegara Merce, pero mentres tanto, na hora de ler, aproveitamos para investigar nos libros sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas que temos na clase, por se atopabamos a aquel lagarto. Foi Sofía a que tivo sorte e viu unha fotografía que ben podería ser de aquel animal que estaba pegado na pizarra.
Cando chegou Merce contámoslle o que pasara e ela tamén estaba moi estrañada pero mostrabase de acordo con que Sofía tiña unha pista fiable. 



Antes de descifrar aquel enigma Merce dixo que tiñamos que ver un esquema no blog da clase que falaba sobre os ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS.
Así o fixemos e cando rematamos de velo apareceu misteriosamente na pantalla a silueta daquel lagarto.


INCRIBLE!

Xa non podiamos esperar máis polo que abrimos aqueles papeis e leimos o que alí poñia.


Agora estaba todo claro, aquela silueta era do LAGARTO ARNAL, que vive no PARQUE NACIONAL  MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Despois puidemos ver no blog moitas fotos e diferentes vídeos sobre o LAGARTO ARNAL.


Este animal tamén formará parte da nosa guia sobre a fauna e a flora do Parque!


xoves, 26 de novembro de 2020

INVESTIGAMOS SOBRE O LAGARTO ARNAL

Canto tempo sen ver ao noso amigo Camaleón! Xa tiñamos ganas de que pasara polo blog a contarnos cousas interesantes.

Esta vez vai falar de ANIMAIS, e concretamente de ANIMAIS VERTEBRADOS, xa sabedes, aqueles que teñen osos no seu corpo.

ESCOITEMOS ATENTAMENTE A CAMALEÓN!

MOI INTERESANTE!

Agora aprendamos sobre un grupo de animais vertebrados, os RÉPTILES.

 

Está claro que o LAGARTO ARNAL, que vive no PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS é un RÉPTIL.

Déixovos algunhas fotos do LAGARTO ARNAL.





QUE FEITIÑO É O LAGARTO ARNAL!

Agora, nos seguintes vídeos, veremos ao lagarto arnal en diferentes momentos do día.

 



Que vida máis interesante ten este réptil, verdade?

domingo, 22 de novembro de 2020

REINO ANIMAL

 Os animais son SERES VIVOS que forman un grupo chamado REINO ANIMAL.

Aos animais podemos clasificalos en dous grandes equipos: VERTEBRADOS e INVERTEBRADOS.






domingo, 8 de novembro de 2020

OS ECOSISTEMAS

Seguimos aprendendo sobre o "Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas", xa que precisamos saber moitas cousas para poder axudar a Antía e a Fiz a resolver o misterio do cofre do tesouro aparecido nas Illas Cíes.

Daremos un paso máis. Agora estudaremos os ECOSISTEMAS.

Que palabra máis estraña... ¿QUE É UN ECOSISTEMA?

Un ecosistema é o conxunto de seres vivos, animais e vexetais, que viven e relaciónanse no mesmo espazo.

Vexamos o seguinte vídeo porque é moi interesante.


luns, 2 de novembro de 2020

UN ESTRAÑO XEROGLÍFICO APARECE NA CLASE!

Despois de atopar á Gaivota patiamarela no patio investigamos sobre ela, xa que todos queriamos saber máis. 

Para iso vimos uns vídeos moi chulos que estaban colgados no blog de ciencias da nosa aula, "PEQUENOS CIENTÍFICOS".

Logo fixemos unha ficha informativa que formará parte dunha "GUÍA DA FLORA E FAUNA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS" e por último resolvemos un labirinto no que unha gaivota tiña que comer a un cangrexo.

A investigación non quedou aí, xa que coa profe Noelia atopamos nun cofre antigo, pechado con chave e que tivemos que abrir resolvendo unha serie de pistas, a bandeira que xa viran Antía e Fiz e que non sabian de que país era. Agora xa o sabemos, é a bandeira de Estados Unidos de América.

Parece que imos avanzando na resolución do misterio!


Durante uns días estivemos tranquiliños, pero o xoves, cando chegamos a clase atopamos na corcheira unha novidade. 
Había unha especie de xeroglífico!


Pasamos boa parte da mañá tratando de descifrar o que podía significar aquilo. Preguntabamos a todos os profes que pasaban pola clase pero non sabían nada??????

Cando chegou Merce preguntámoslle a ela pero tampouco sabía que facer. Entre todos puxémonos a pensar e niso estabamos cando chegou Carmen con algo para nós.

Era un papel cun código que podería servirnos para traducir a mensaxe.
Puxémonos mans á obra!


LISTO!

XA TEMOS A MENSAXE! 

BUSCÁDEME POLO PATIO

Saimos ao patio moi intrigados porque non sabiamos a quen tiñamos que buscar, pero despois de mirar por todas partes Sofía Rodríguez atopou, agochada nunha árbore, a unha pequena ave, non sabiamos como se chamaba.
Levámola para clase e fumos ao blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" e alí había dous vídeos con información sobre ela. 
Era a "PÍLLARA DAS DUNAS", e vive nalgunhas das illas que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Era unha monada! 😍😍😍

Pois tamén a incluiremos na nosa "GUÍA DA FLORA E FAUNA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS".