Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


domingo, 29 de novembro de 2020

UN NOVO MISTERIO!

A semana pasada enfrontámonos a un novo misterio.

Cando chegamos do recreo, na pizarra da clase habia algo moi estraño, era o que parecía a silueta dun lagarto e uns papeis con números, que parecían ter algún tipo de informacion sobre ???


A todos pareceunos que aquilo tiña algo que ver coa clase de Ciencias polo que decidimos esperar a que chegara Merce, pero mentres tanto, na hora de ler, aproveitamos para investigar nos libros sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas que temos na clase, por se atopabamos a aquel lagarto. Foi Sofía a que tivo sorte e viu unha fotografía que ben podería ser de aquel animal que estaba pegado na pizarra.
Cando chegou Merce contámoslle o que pasara e ela tamén estaba moi estrañada pero mostrabase de acordo con que Sofía tiña unha pista fiable. 



Antes de descifrar aquel enigma Merce dixo que tiñamos que ver un esquema no blog da clase que falaba sobre os ANIMAIS VERTEBRADOS E INVERTEBRADOS.
Así o fixemos e cando rematamos de velo apareceu misteriosamente na pantalla a silueta daquel lagarto.


INCRIBLE!

Xa non podiamos esperar máis polo que abrimos aqueles papeis e leimos o que alí poñia.


Agora estaba todo claro, aquela silueta era do LAGARTO ARNAL, que vive no PARQUE NACIONAL  MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Despois puidemos ver no blog moitas fotos e diferentes vídeos sobre o LAGARTO ARNAL.


Este animal tamén formará parte da nosa guia sobre a fauna e a flora do Parque!


Ningún comentario:

Publicar un comentario