Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


martes, 31 de marzo de 2020

CREBACABEZAS

OLA CHICOS!

Déixovos 3 crebacabezas do noso horto. A ver se conseguides facelos en pouquiño tempo!

Por certo, coñecedes a alguén?

 



 



sábado, 28 de marzo de 2020

A HORA DO PLANETA

Hoxe sábado 28 de marzo, celébrase a "Hora do planeta" 2020, polo que dende as 20:30 ata as 21:30 horas estamos chamados a apagar as luces das casas, dos edificios e dos monumentos, como símbolo da loita contra o cambio climático.



Debido a que este ano estamos confinados na casa, a ONG que organiza diferentes actividades ,WWF, propón que saiamos á ventá e que escribamos coa linterna dos nosos teléfonos a seguinte frase "APAGA A LUZ. TODO IRÁ BEN", utilizando o CÓDIGO MORSE.

INTENTEMOS ESCRIBIR ESA FRASE EN CÓDIGO MORSE!!! SERÁ DIVERTIDO!!!

Pero ¿qué é o Codigo Morse? 

É un alfabeto que utiliza pitidos curtos ou longos. Un pitido longo equivale a tres pitidos curtos.

Aquí vos deixo a equivalencia de cada letra en Morse.


Déixovos tamén máis información sobre este alfabeto tan interesante.







Para transmitir esta mensaxe non utilizaremos sons, senón a luz de linternas ou dos teléfonos móbiles.

PEDIDE AXUDA ÁS PERSOAS MAIORES QUE ESTÁN NA CASA E INTENTADE FACELO ENTRE TODOS. 

QUE VOS PARECE?

xoves, 26 de marzo de 2020

mércores, 25 de marzo de 2020

CORONAVIRUS COVID-19

Os virus son organismos moi pequenos que son capaces de copiarse a si mesmos moitísimas veces dentro das células dunha persoa ou un animal, provocándolle diferentes enfermedades.

Hai moitos tipos de virus e os que teñen arredor unha especie de cornos son os coronavirus.

O coronavirus que non permite que saiamos da casa para ir ao colexio, ao parque, a pasear coa familia e a xogar cos amigos chámase COVID-19.



Mirade os seguintes vídeos porque nos contan cousas moi interesantes sobre os virus.









Xa vedes que este virus é moi contaxioso por iso temos que estar na casa e lavarnos moitas veces as mans.


Déixovos dous CONTOS sobre o coronavirus:

"HOLA, SOY EL CORONAVIRUS"






"CORONAVIRUS NO ES UN PRINCIPE (NI UNA PRINCESA)"


martes, 24 de marzo de 2020

XOGAMOS CON CAMALEÓN

O noso amigo Camaleón estará a miudo trasteando polo blog. 

Xogade con él facendo un crebacabezas!




Déixovos un vídeo moi interesante sobre os camaleóns, así coñeceredes mellor ao noso amigo.




COMEZA A AVENTURA!

Este é un vídeo de presentación do equipo de Pequenos científicos de 1º.