Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


mércores, 25 de marzo de 2020

CORONAVIRUS COVID-19

Os virus son organismos moi pequenos que son capaces de copiarse a si mesmos moitísimas veces dentro das células dunha persoa ou un animal, provocándolle diferentes enfermedades.

Hai moitos tipos de virus e os que teñen arredor unha especie de cornos son os coronavirus.

O coronavirus que non permite que saiamos da casa para ir ao colexio, ao parque, a pasear coa familia e a xogar cos amigos chámase COVID-19.



Mirade os seguintes vídeos porque nos contan cousas moi interesantes sobre os virus.









Xa vedes que este virus é moi contaxioso por iso temos que estar na casa e lavarnos moitas veces as mans.


Déixovos dous CONTOS sobre o coronavirus:

"HOLA, SOY EL CORONAVIRUS"






"CORONAVIRUS NO ES UN PRINCIPE (NI UNA PRINCESA)"


Ningún comentario:

Publicar un comentario