luns, 31 de xaneiro de 2022
AS PLANTAS
domingo, 30 de xaneiro de 2022
???...
Estes días estamos traballando con alimentos que podemos comer os nosos monstros e nós, para facer unha merenda o máis saudable posible no colexio.
Tivemos unha ficha chea de interrogantes para escribir nomes de posibles alimentos e fixémola sen dificultade.
Cando estabamos traballando, Carmen trouxo unha mensaxe cunha interrogación como as que había na ficha, onde nos dicía "BUSCADE NO PATIO".
Entón pensamos que para corrixir a ficha tiñamos que buscar as respostas polo patio.
Foi moi divertido atopalas e ademáis acertamos todos os alimentos.
sábado, 22 de xaneiro de 2022
ESCRIBIMOS CON TINTA INVISIBLE
A nosa investigación sobre alimentación saudable levounos ata un dos mellores alimentos que podemos comer na hora do recreo, a FROITA.
Falamos de moitas froitas que nos gustan para comer pero non só serven para iso senón que podemos facer outras cousas con elas.
Cunha froita podemos facer tinta invisible!
Utilizamos o ZUME DE LIMÓN para escribir con tinta invisible.
FOI MOI INTERESANTE!
UNHA MERENDA SAUDABLE!
Dentro do Proxecto de investigación deste curso ... E POR QUE FACEMOS CACA? xa temos moitas respostas e agora toca ir ao inicio de todo o proceso: QUE COMEMOS?
Aproveitando que os nosos amigos os monstros pedíronnos que lles fixeramos un calendario de merendas saudables para tomar no colexio, imos investigar que ALIMENTOS deberiamos tomar para crecer sans.
Estivemos analizando diferentes tipos de alimentos que podemos traer ao cole para repoñer forzas antes de sair ao recreo.
Xa estamos preparados para facer o CALENDARIO DE MERENDAS para os nosos monstros e poderiamos compartilo con eles, así os nenos e os monstros merendaremos o mesmo cada día.
Todos creceremos sans e fortes!
mércores, 12 de xaneiro de 2022
QUEREMOS COMER!
Os monstros da clase de 1º están un pouco enfadados porque ven aos nenos merendar, antes de ir ao recreo, e eles nunca poden comer.
Por iso decidiron escribirlles unha carta para pedirlles ideas sobre o que poden merendar cada día no colexio.