Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


mércores, 12 de xaneiro de 2022

QUEREMOS COMER!


Os monstros da clase de 1º están un pouco enfadados porque ven aos nenos merendar, antes de ir ao recreo, e eles nunca poden comer.

Por iso decidiron escribirlles unha carta para pedirlles ideas sobre o que poden merendar cada día no colexio.




Para saber máis cousas sobre alimentación saudable vexamos o seguinte vídeo.

ESTADES PREPARADOS PARA AXUDAR AOS MONSTROS?

IMOS ALÁ!


Ningún comentario:

Publicar un comentario