Nas clases de Ciencias seguimos a investigar sobre os volcáns.
Despois de ver varios vídeos e un libro moi interesante que trouxo Ainhoa, falamos moito sobre os volcáns e as erupcións.
Fixemos un volcán moi chulo con plastilina e despois puxémonos mans á obra para facer un experimento co que conseguimos ter unha pequena erupción.
FOI MOI INTERESANTE!
No seguinte vídeo faremos un repaso da nosa investigación.