Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


sábado, 18 de setembro de 2021

BENVIDOS!

Benvidos "Pequenos científicos"!

Este curso darei clase aos alumnos de 1º, que están dispostos a aprender moitísimo sobre CIENCIA.

Empezamos o curso facendo un XOGO DE PISTAS.

Na clase apareceron uns sobres misteriosos que non sabiamos para que servían.

Deunos unha pista un vídeo que puxo Merce.


As 5 pistas leváronnos a diferentes lugares do colexio. Atopamos varios trozos do que parecía ser un animal.
Cando tivémolos todos montamos o crebacabezas e apareceu un camaleón.

Era Camaleón, un amigo que pasará con nós todo o curso e que nos ensinará moitas cousas interesantes.


PREPARADOS PARA TRABALLAR!



Ningún comentario:

Publicar un comentario