Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


xoves, 24 de xuño de 2021

BO VERÁN!

Ola "Pequenos científicos"!

Xa rematamos este curso tan estraño e con tantas dificultades, pero que non impediron que puideramos adentrarnos no mundo da ciencia.

Divertínme moito con vós e con todos os amigos que pasaron pola clase de Ciencias.

Desexo que teñades unhas boas vacacións e que veñades o próximo curso coas pilas recargadas.

Déixovos o vídeo resumo do proxecto deste curso e a ver se vos animades a visitar algunha das illas durante este verán. 

Xa me contaredes!

Un bico moi grande. Merce





Ningún comentario:

Publicar un comentario