Pero quen son eses trasnos que atopamos na Illa de Cortegada?
domingo, 28 de febreiro de 2021
COÑECEMOS A ALOIA E CRISPÍN
xoves, 18 de febreiro de 2021
martes, 16 de febreiro de 2021
SEGUE O MISTERIO!
Lemos a pequena historia, que resultou ser moi interesante.
Premede na portada se queredes lela vós mesmos.
A continuación lemos tamén a carta e sorprendémonos moito cando vimos que estaba escrita por Antía e Fiz.
TODO ESTÁ NOS LIBROS!
Lara, Brais, Yago e Wasim buscaron unha nova disposición para os libros que estamos utilizando no Proxecto de centro deste curso, no noso caso o "PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS".
Distribuíronse en dous equipos e fixeron unha relación dos libros, separando os CONTOS dos LIBROS CIENTÍFICOS.
Tanto os listados como a colocación dos libros quedaron chulííísimos!
Moi ben chicos!
martes, 2 de febreiro de 2021
TRABALLAMOS NA CASA
Ola chicos!
Esta semana podedes facer un pequeno traballo relacionado co proxecto do PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.
Hoxe non vou ser eu quen vos explique o que tedes que facer, será Brais, que estivo onte na clase e despois de facer un gran traballo convertiuse no "PROFE BRAIS".
Prestádelle moita atención!