Durante os días que estivemos poucos na clase, xa que o resto dos compañeiros estaban confinados, fixemos diferentes actividades e, entre outras, levamos a cabo unha pequena remodelación da biblioteca da aula.
Lara, Brais, Yago e Wasim buscaron unha nova disposición para os libros que estamos utilizando no Proxecto de centro deste curso, no noso caso o "PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS".
Distribuíronse en dous equipos e fixeron unha relación dos libros, separando os CONTOS dos LIBROS CIENTÍFICOS.
Tanto os listados como a colocación dos libros quedaron chulííísimos!
Moi ben chicos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario