Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


martes, 2 de febreiro de 2021

TRABALLAMOS NA CASA

 Ola chicos!

Esta semana podedes facer un pequeno traballo relacionado co proxecto do PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.

Hoxe non vou ser eu quen vos explique o que tedes que facer, será Brais, que estivo onte na clase e despois de facer un gran traballo convertiuse no "PROFE BRAIS". 

Prestádelle moita atención!



Agora premede na ilustración para poder ler o conto dos Bolechas.



Espero veros moi pronto! Ahhhh, un bico de Camaleón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario