Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


luns, 27 de febreiro de 2023

JOSEPHINE PEARY

O día 8 de marzo celebramos o "Día Internacional da Muller" e este curso imos estudar a Josephine Peary, unha escritora e exploradora que foi a primeira muller que viaxou ata Groenlandia.

xoves, 23 de febreiro de 2023

FACEMOS UN ICEBERG


Despois de investigar sobre os glaciares e os icebergs, quixemos facer o noso propio bloque de xeo.

Foi moi fácil!













Deixamos o iceberg na clase durante toda a noite e cando chegamos ao día seguinte xa non existía porque a auga en estado sólido converteuse en auga en estado líquido, debido ao calor que facía na aula.


DEBEMOS EVITAR QUE ISTO OCURRA NO PLANETA, XA QUE O AUMENTO DE TEMPERATURA, DEBIDO Á CONTAMINACIÓN, FAI QUE OS GLACIARES SE ROMPAN PROVOCANDO O AUMENTO DO NIVEL DA AUGA DO MAR.



martes, 7 de febreiro de 2023

xoves, 2 de febreiro de 2023

COMO SENTIMOS O FRÍO?


Durante a nosa investigación sobre Groenlandia falamos moitas veces da temperatura que hai na illa máis grande do planeta, e Valentina preguntou "como sentimos o frío?".

Imos dar resposta á súa pregunta.

Vexamos atentamente os seguintes vídeos.