xoves, 28 de outubro de 2021
UNHA VIAXE MOI INTERESANTE!
domingo, 24 de outubro de 2021
O TEMPO ATMOSFÉRICO
Hoxe Camaleón preséntanos un vídeo no que fala sobre o "TEMPO ATMOSFÉRICO".
Pero que é iso? Atendamos a Camaleón!
Que interesante o que nos conta Camaleón!
Vexamos outro vídeo para aprender máis cousas.
Se queremos ver que tempo atmosférico vai facer nos próximos días en Vilalonga ou en calquera outro lugar de Galicia, podemos visitar a páxina de METEOGALICIA.
Premede na imaxe.
venres, 22 de outubro de 2021
EQUIPO DE PEQUENOS CIENTÍFICOS
Empezaron esta nova etapa con moitas gañas de investigar.
Moi ben, chicos!
martes, 12 de outubro de 2021
SENTIDO DO TACTO: OS DEDOS DA MAN
Estamos estudando os 5 sentidos e un dos que vimos foi o sentido do TACTO.
Xa sabemos que este sentido está repartido por todo o corpo porque se atopa na PEL, pero o que máis utilizamos cando queremos ter información do que hai ao noso arredor, a través deste sentido, son as MANS.
Hoxe aprenderemos os nomes dos dedos da MAN.
Vexamos o seguinte vídeo.
BRAVO!
mércores, 6 de outubro de 2021
OS CINCO SENTIDOS
O noso amigo Camaleón preséntanos este vídeo no que fala dos SENTIDOS.
Que son? Para que serven? Cales son?
Agora vexamos os seguintes vídeos que nos explican máis cousas sobre cada un dos 5 sentidos.
Son moi interesantes!
VISTA
luns, 4 de outubro de 2021
XOGAMOS CO CORPO HUMANO!
Utilizaremos estes xogos para repasar diferentes partes do noso corpo.
PREPARADOS... LISTOS... A XOGAR!
FAI PARELLAS DE IMAXES
sábado, 2 de outubro de 2021
O CORPO HUMANO
Este curso aprenderemos moitas cousas sobre o CORPO HUMANO.
O noso corpo divídese en 3 grandes partes:
CABEZA
TRONCO
EXTREMIDADES
O seguinte vídeo é moi interesante. Abride ben os ollos e prestade moita atención!