Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


sábado, 2 de outubro de 2021

O CORPO HUMANO

Este curso aprenderemos moitas cousas sobre o CORPO HUMANO.

O noso corpo divídese en 3 grandes partes:

 CABEZA 

 TRONCO 

 EXTREMIDADES 

O seguinte vídeo é moi interesante. Abride ben os ollos e prestade moita atención!


Agora un momentiño para traballar a vosa memoria cun xogo!

Premede na imaxe para empezar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario