Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


luns, 12 de xuño de 2023

A PIZZA DE GABRI!

Esta semana fomos cociñeiros.

Gabri trouxo a receita dunha pizza, que fai na súa casa, para que a elaboráramos entre todos.

Como a receita estaba moi bonitiña e tiña moi boa pinta decidimos facela contando coa axuda de Carmen.