Nos pasados días Ainhoa e a súa familia visitaron unha das Illas Canarias, a illa de Tenerife. Alí, achegáronse a un volcán que agora está inactivo, o TEIDE, que é un dos volcáns máis grandes do planeta.
Onte, durante a clase de Ciencias, Ainhoa quixo compartir a súa fantástica experiencia con todos os seus compañeiros.
Explicounos moitas cousas sobre o volcán, ensinounos fotografias e ata unhas pequenas rocas volcánicas.
FOI INTERESANTÍÍÍÍÍSIMO!
Grazas Ainhoa!
Na clase tamén quixemos ir ata o Teide. Subímonos ao noso foguete e coa axuda de Google Earth puidemos ver o volcán dende o aire.
Que chulada!
Ningún comentario:
Publicar un comentario