Estamos en tempo de facer magostos!
É o momento de que as castañas, metidas nos seus ourizos, caian das árbores para que poidamos alimentarnos con este froito tan delicioso.
O CASTIÑEIRO é unha árbore moi abundante en Galicia e os bosques destas árbores en outono son un gran espectáculo.
É unha árbore de folla caduca, que empeza a caer sobre o mes de novembro.
Aos bosques de castiñeiros chamámoslles SOUTOS.
Os monstros da clase de 1º decidiron comezar o mes de novembro nun marabilloso bosque.
... E POR QUE caen as follas das árbores?
Agora que xa sabemos por que caen as follas imos ver unhas imaxes de castiñeiros, do seu froito e das súas follas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario