O inicio foi a través dun xogo.
Na clase de 1º apareceu unha misteriosa caixa xunto a unha interrogación, que xa coñeciamos de cando investigamos os volcáns.
Apareceron moitas letras e ao final un debuxo moi gracioso dunha caca.
Decidimos escribir as letras para ver se nos transmitian algunha mensaxe.
EPORQUEFACEMOS
Lémolas e démonos conta de que había varias palabras. Separámolas!
E POR QUE FACEMOS
Agora xa estaba claro! Coa interrogación que apareceu xunto á caixa e coa caca que atopamos no campo de baloncesto tiñamos unha mensaxe. Era unha pregunta!
E POR QUE FACEMOS 💩 ?
Escribimos a pregunta nunha interrogación xigante e colocámola na cristaleira da entrada do cole.
OS PEQUENOS CIENTÍFICOS ESTAMOS PREPARADOS PARA COMEZAR A NOSA INVESTIGACIÓN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario