Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


martes, 16 de febreiro de 2021

SEGUE O MISTERIO!

Fai algúns días, cando chegamos a clase, atopamos na corcheira unha fotografía de Antía  e   Fiz  na illa de Sálvora xunto a unha manda de cabalos salvaxes e xunto a eles había no chan un libro titulado "Unha historia de illas".


Cando estabamos falando sobre o que podería significar aquela foto chegou Carmen cunha carta e co libro que aparecía  na fotografía.

Lemos a pequena historia, que resultou ser moi interesante.

Premede na portada se queredes lela vós mesmos.


A continuación lemos tamén a carta e sorprendémonos moito cando vimos que estaba escrita por Antía e Fiz.



SEGUIREMOS AXUDANDO A ANTÍA E FIZ!

Non sabiamos como seguir a investigación pero parece que temos outra pista, xa que acaba de aparecer na corcheira unha nova fotografía.

Agora pensamos que cada vez estamos máis cerca de resolver o misterio.

Debemos investigar sobre a nova especie!


Ningún comentario:

Publicar un comentario