Pero quen son eses trasnos que atopamos na Illa de Cortegada?
Todos os nenos emitiron as súas hipóteses e moitos adiviñaron quen eran os dous simpáticos seres que aparecian entre as setas.
Para coñecer ben a súa historia vimos un vídeo no que se resolvían todas as incógnitas.
Se tamén queredes ler a historia de Aloia e Crispín premede na seta.
Despois de ver o vídeo xa tivemos claro que os trasnos Aloia e Crispín foran os que, coa súa maxia, fixeron chegar o cofre coas pistas, que atoparon Antía e Fiz, ata as Illas Cíes.
E aí comezou a nosa aventura e despois de pasar pola Illa de Ons e por Sálvora chegamos á Illa de Cortegada, donde remata cun final moi feliz.
Pero ainda nos quedaba unha sorpresa!
Non sabemos como pero durante a clase de ciencias de repente apareceu no chan da aula un pequeno barco feito con papiroflexia.
Collémolo e como vimos que había unhas letras decidimos desfacelo para ler o que alí estaba escrito.
Quen nos esperaría?
Moi intrigados saimos ao patio e buscamos xunto ao arbusto máis grande do cole, que é un fermoso camelio, e alí estaban ALOIA e CRISPÍN.
Non podiamos crelo!
Levámolos para clase xa que queremos que estean con todos os nosos amigos.
XA ESTAMOS TODOS XUNTOS!
Para resolver este misterio tivemos que visitar as illas que forman o PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.
Durante a nosa investigación estudamos estes ecosistemas e a algúns dos animais e plantas que os habitan.
Como resultado final dese traballo fixemos unha GUÍA DE FAUNA E FLORA DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario