A nosa investigación sobre alimentación saudable levounos ata un dos mellores alimentos que podemos comer na hora do recreo, a FROITA.
Falamos de moitas froitas que nos gustan para comer pero non só serven para iso senón que podemos facer outras cousas con elas.
Cunha froita podemos facer tinta invisible!
Utilizamos o ZUME DE LIMÓN para escribir con tinta invisible.
FOI MOI INTERESANTE!
Cada neno levou esta fin de semana para casa unha mensaxe secreta que a súa familia debe desvelar quentando o papel cunha candea.
Conseguirano?
POIS CLARO QUE SIIIIII!
Ningún comentario:
Publicar un comentario