Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


luns, 2 de novembro de 2020

UN ESTRAÑO XEROGLÍFICO APARECE NA CLASE!

Despois de atopar á Gaivota patiamarela no patio investigamos sobre ela, xa que todos queriamos saber máis. 

Para iso vimos uns vídeos moi chulos que estaban colgados no blog de ciencias da nosa aula, "PEQUENOS CIENTÍFICOS".

Logo fixemos unha ficha informativa que formará parte dunha "GUÍA DA FLORA E FAUNA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS" e por último resolvemos un labirinto no que unha gaivota tiña que comer a un cangrexo.

A investigación non quedou aí, xa que coa profe Noelia atopamos nun cofre antigo, pechado con chave e que tivemos que abrir resolvendo unha serie de pistas, a bandeira que xa viran Antía e Fiz e que non sabian de que país era. Agora xa o sabemos, é a bandeira de Estados Unidos de América.

Parece que imos avanzando na resolución do misterio!


Durante uns días estivemos tranquiliños, pero o xoves, cando chegamos a clase atopamos na corcheira unha novidade. 
Había unha especie de xeroglífico!


Pasamos boa parte da mañá tratando de descifrar o que podía significar aquilo. Preguntabamos a todos os profes que pasaban pola clase pero non sabían nada??????

Cando chegou Merce preguntámoslle a ela pero tampouco sabía que facer. Entre todos puxémonos a pensar e niso estabamos cando chegou Carmen con algo para nós.

Era un papel cun código que podería servirnos para traducir a mensaxe.
Puxémonos mans á obra!


LISTO!

XA TEMOS A MENSAXE! 

BUSCÁDEME POLO PATIO

Saimos ao patio moi intrigados porque non sabiamos a quen tiñamos que buscar, pero despois de mirar por todas partes Sofía Rodríguez atopou, agochada nunha árbore, a unha pequena ave, non sabiamos como se chamaba.
Levámola para clase e fumos ao blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" e alí había dous vídeos con información sobre ela. 
Era a "PÍLLARA DAS DUNAS", e vive nalgunhas das illas que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Era unha monada! 😍😍😍

Pois tamén a incluiremos na nosa "GUÍA DA FLORA E FAUNA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS".


Ningún comentario:

Publicar un comentario