Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


luns, 24 de maio de 2021

DÍA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS


Hoxe, 24 de maio, é o “DÍA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS”.

Con esta celebración preténdese que todos os cidadáns coñezamos e coidemos estes espazos naturais, que forman parte do noso entorno.

Nós, este curso, investigamos o “PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS” e tivemos a oportunidade de achegarnos a diferentes especies de animais e plantas.

FOI MOI INTERESANTE!

No seguinte vídeo vemos imaxes de diferentes Parques, entre eles o "PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS". 

RECOÑECÉDELO?


Ningún comentario:

Publicar un comentario