O mércores apareceu na clase de 1º un novo proxecto de investigación.
Na corcheira na que está a interrogación había un papel enrolado cun lazo e un globo terraqueo ao seu carón.
Que significaría aquilo?
Todos empezamos a emitir hipóteses do que poderiamos ter que investigar! Encántanos imaxinar cousas!
Cando chegou Merce abrimos o papel e vimos que era un debuxo dunha casa no que aparecía a metade iluminada e a outra metade a escuras.
Cando vimos o debuxo xa o tivemos claro. Tiñamos que investigar sobre o DÍA e a NOITE.
O noso proxecto de investigación sería "...E POR QUE SE FAI DE DÍA E DE NOITE?"
Todos aportamos as nosas ideas e fumos escribindo na pizarra palabras que diciamos e que parecían moi importantes.
TERRA PLANETA SOL SISTEMA SOLAR ESTRELAS DÍA NOITE...
Merce dixo que iamos por moi bo camiño e que sabiamos moitas cousas sobre este tema.
O noso amigo Camaleón trouxonos un vídeo moi interesante que vimos con gran interese.
A continuación vimos outro vídeo que complementaba a información.
Xa estamos preparados para avanzar na nosa investigación facendo diferentes actividades durante as clases de Ciencias.
Ah! e alguén misterioso quixo que souperamos donde está CUCURULANDIA, o planeta no que viven os nosos amigos Pepiño e Sargantana, facendo aparecer na casa de Carlota unhas fotos de Pepiño viaxando en foguete entre a Terra e o seu planeta, e despois deixando unha fotografía na nosa clase.
Que cousa tan estraña! Seguiremos investigando!
Ningún comentario:
Publicar un comentario