O venres pasado, durante a clase de Ciencias, Carmen trouxo diferentes cousas que acababan de chegar ao colexio para ser entregadas urxentemente aos alumnos de 2º curso de primaria.
Había un sobre cunha carta escrita por dous amigos chamados Antia e Fiz. Gonzalo leu a carta e todos escoitamos atentamente.
Somos Antía e Fiz, dous amigos que esta
fin de semana pasada fomos pasar o domingo ás Illas Cíes.
Cando camiñabamos entre as rochas
descubrimos, agochado nun buraco, un pequeno cofre antigo.
Con moito coidado baixámolo ata a praia
de Rodas e decidimos abrilo. Non nos costou moito traballo porque a pechadura
estaba moi vella.
Dentro había un pergamiño, unha bandeira
pirata e outra bandeira dun país que non sabemos cal é.
Abrimos o pergamiño para lelo e só había
unha mensaxe moi inquietante: “NECESITAMOS A VOSA AXUDA!!!”.
Non entendemos esa mensaxe e non sabemos
que facer coas bandeiras.
Podedes axudarnos, por favor?
Unha aperta de Antía e de Fiz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario