Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


domingo, 25 de outubro de 2020

SEGUE O MISTERIO!

Este curso están ocorrendo cousas moi estrañas na clase de Ciencias.

Esta semana apareceron pinchadas na corcheira diferentes cousas que non sabiamos para que servían: 

- unha foto dunha gaivota patiamarela no mesmo lugar no que Antía e Fiz, os nosos novos amigos, atoparon o cofre antigo.

- un papel pechado que poñía Instrucións. 

- 6 sobres numerados.


O primeiro que decidimos facer foi ler as instrucións.

Wasim foi voluntario para lelas e xa entendimos un pouco máis do que sucedía.


Merce daríanos unhas fichas que deberiamos facer para poder abrir cada sobre, pero había unha condición moi importante, non poderiamos abrir o sobre ata que todos os nenos remataramos as fichas. Había que darse presa para facelas!
Tiñamos que facer 5 fichas para poder abrir os cinco primeiros sobres e cando estiveran todas poderiamos abrir o sobre nº 6.


Así o fixemos. As fichas non eran nada difíciles xa que preguntaban cousas que xa viramos sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.
Dentro de cada sobre había unha letra coa que deberiamos formar unha palabra que nos daría unha importante pista para atopar... non sabiamos que?

 


Coas diferentes letras atopadas dentro dos sobres conseguimos a palabra ÁRBORE. Había que buscar algo nunha árbore do cole. 


Saimos rapidamente ao patio e alí, no acibro que hai diante da ventá da sala de profes, estaba a Gaivota patiamarela. Collímola e levámola para clase.




Non sabiamos que quería dicir aquilo, pero como tocou o timbre tivemos que deixalo para o próximo día de clase. 

QUE SIGNIFICARÍA?

Ningún comentario:

Publicar un comentario