Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


martes, 20 de decembro de 2022

QUE BONITO É O NOSO HORTO!

 

Hoxe, aproveitando que deixou de chover, baixamos ata o noso horto para ver como estaban as sementes que plantamos fai dous meses.

As plantas estaban xigantescas e xa puidemos ver os pequenos brocolis e os repolos, que tan ricos están.

As coliflores, os grelos e os nabicoles todavía teñen que crecer máis. Seguro que cando voltemos de vacacións de Nadal estarán enormes.








domingo, 20 de novembro de 2022

VIAXANDO POLO MUNDO


Empezamos un novo proxecto de investigación!

Chámase "VIAXANDO POLO MUNDO".

A que lugar viaxiariamos nós??? Non tiñamos nin idea! Pero todas as nosas dúbidas desapareceron cando no colexio apareceu unha maleta para a clase de 2º, que poñía "DE GROENLANDIA A VILALONGA".



Abrímola e vimos que había moitas cousas.



Unha bandeira.


Un escudo.


Dous esquimós.


A caixa dos monstros.


Unha foto dos esquimós enriba do xeo.


E, por último, unha carta.




Está claro que temos unha misión moi importante para poder axudar aos nosos amigos Uki e Kanut.

Toca abrigarse para poder viaxar ata Groenlandia!


venres, 21 de outubro de 2022

SEGUIMOS TRABALLANDO NO HORTO

Fai 2 semanas estivemos traballando no horto.

Carmen trouxo brócoli e coliflor e plantámolos e botamos abono.

Estamos desexando que crezan!
























luns, 17 de outubro de 2022

O CICLO DA AUGA

Despois de estudar os 3 estados da auga tócanos investigar sobre o CICLO DA AUGA.

O noso amigo Camaleón tráenos un vídeo que o explica moi ben.

Prestade moita atención! 


No seguinte vídeo imos aprender moitas cousas interesantísimas sobre as NUBES.