Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


sábado, 26 de setembro de 2020

A FAMILIA BOLECHAS

Durante os próximos días traballaremos coa familia BOLECHAS.

Aquí tedes a ÁRBORE XENEALÓXICA dos pais e os fillos da familia Bolechas.



Atrevédesvos a facer a vosa árbore xenealóxica?

Pois imos aló!

Se queredes xogar cos Bolechas premede na imaxe.


Ningún comentario:

Publicar un comentario