Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


xoves, 14 de xaneiro de 2021

VIAXAMOS ATA A ILLA DE SÁLVORA

Dentro do percorrido que estamos facendo polo PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS chega o momento de deixar a Illa de Ons e viaxar ata a illa de Sálvora.

Alí espéranos unha pequena manda de CABALOS DE PURA RAZA GALEGA.

Estes cabalos están en perigo de extinción e na illa de Sálvora atópanse moi ben.





Vexamos no seguinte vídeo aos cabalos na Illa de Sálvora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario