Ola chicos e chicas de 2º.


No blog "PEQUENOS CIENTÍFICOS" atoparedes eses vídeos tan divertidos que sei que vos gustan moito, teredes xogos, poderei poñer as vosas fotografías, os traballos que facemos na clase, os que facedes na casa e moitísimas cousas máis.



DESEXO QUE ESTE BLOG SEXA UN ESPAZO DE APRENDIZAXE E DIVERSIÓN PARA TODOS!


domingo, 5 de decembro de 2021

UNHA CACA MOI ESTRAÑA!

Era 1 de decembro e estabamos apuntando no calendario algunhas datas importantes neste mes, que tanto nos gusta a todos, porque son as festas de Nadal, cando Carmen tróuxonos a clase un paquete que chegara para os nenos de 1º.

Abrímolo e vimos que contiña unha caca moi estraña.



É verdade que estamos metidos de cheo na investigación de por que facemos caca, pero esta caca era rarísima.

Empezamos a falar sobre a quen podía pertencer e moitos nenos coincidiron en que aqueles cornos tiñan que ser dun reno.

Un reno! Pero que pintaba un reno en toda esta historia? 

De pronto todos tivemos a mesma idea. Seguro que se trataba da caca dun reno de Papá Noel!

Porque os animais tamén fan caca, non só as persoas! Pois teremos que investigar tamén por que os renos fan caca!

Durante este mes achegarémonos ata a casa de Papá Noel, en Laponia, alí no Polo Norte.



Ningún comentario:

Publicar un comentario